lunes, 12 de marzo de 2012

Terminei agora mesmo de ver a película de Invictus,por quinta vez teño que admitir, pero cada vez que a vexo volvome emocionar. Ver como todo un país se une para apoiar a sua selección de rugby e deixan atrás anos de guerras internas debido o apartheid emocioname, ver como un home, mellor dito uun gran home como Nelson Mandela é capaz de olvidar todo o dano que lle fixeron emocioname, en resumidas contas poderia decirse que esta é unha das   miñas peliculas favoritas e que nunca me cansarei de ver, como tampouco nunca me cansarei de oir a voz de Morgan Freeman recitando ese precioso poema de William Ernest Henley.





Debo admitir que África sempre foi un pais que me encantou, e que teño predilección por Sudáfrica(e non é polo futbol, por que xa me gustaba de antes)  e por Rwanda (da que falarei na miña proxima entrada). África é continente mais maltratado e do que todos nos acordamos pero nunca facemos nada por el, eu desde aqui quero confesarvos que teño o desexo de poder ir algun dia, pero non ir a un hotelito en plan turista, senon a axudar e a coñecer de primeira man todos os problemas que sofren, por que aunque as peliculas e os documentais nos contan bastante ben a sua situación, suavizana moito para que non nos cause tanta "impresión".


Poema Invictus:

En la noche que me envuelve,
negra como un pozo insondable,
doi gracias al dios que fuere
por mi alma inconquistable.

En las garras de las circunstancias
no he gemido ni llorado.
Ante las puñaladas del azar
si bien he sangrado, jamás me he postrado.

Más allá de este lugar de ira y llantos,
acecha la oscuridad con su horror,
no obstante la amenaza de los años
me halla y me hallará sin temor

Ya no importa cuán recto haya seguido el camino,
ni cuantos castigos lleve a la espalda.
Soy el amo de mi destino,
soy el capitán de mi alma.




Espero que algún día poidamos todos e cada un de nos ser os amos do noso destino e non olvidar ou facer oidos xordos, a esa xente que pese a ter escaseza de comida, agua, sanidade e moitas outras cousas, SEMPRE SEMPRE ten unha sonrisa na cara.





No hay comentarios:

Publicar un comentario