martes, 6 de marzo de 2012

O nome Japa-Mala


             Tras pensalo moitas veces decidin crear un blog para contar nel todo o que me interesa e para poñer en comun coa xente que anda por estes lares moitas cousas interesantes. Debo darlle as gracias a miña amiga Candela por que tras leer o seu blog meteume o gusanillo no corpo e cando me puxen a pensar un nome para este blog un regalo dela que me trouxo de Grecia que parece un japa mala é un libro grazas o cal soupen tamen que ese regalo se parecia a este maravilloso abalorio(do que falarei a continuación),inspiraronme.

            Ahora vou a explicarvos o por que deste nome tan raro pero que a min gustame moitisimo. A primeira vez que vin a pelicula “Come, Reza, Ama” encantoume pero o libro encantoume moitisimo mais, nese libro falase dos japa mala ou tamen chamados yapa mala. Os japa mala son originarios da India é son collares de cuentas que os hindúes e budistas devotos usan desde fai siglos para manterse concentrados durante as suas meditacions, este collar sostense na man e tocase unha cuenta cada vez que se repite un mantra. Conta a historia que na Idade Media cando os cruzados chegaron a Oriente durante as guerras santas,viron os devotos rezar cos seus japa malas e admirados, levaron a idea a Europa donde o japa mala se convertiu no rosario.

O japa mala tradicional ten 108 abalorios e estas non van ser as entradas que escriba senon que espero que sean moitas mais, pero como algun conoceredes e senon douno eu a coñecer, nos circulos mais esotéricos da filosofía oriental(a cal me gusta moi por certo) o numero 108 considerase o mais afortunado, un perfecto dígito de tres cifras, múltiplo de tres e cuyos componentes suman nove, que é tres veces tres. E tres, por supuesto, e o número  que representa o supremo equilibrio como pode saber calquera que se chapara(como fixemos todos para poder facer a 1ª Comunion) o catecismo e estudase nel a Santisima Trinidade. Por eso espero que este blog me axude a acadar un completo e tranquilo equilibrio.




            Ata a proxima entrada, que seguro que é moi pronto.

1 comentario:

  1. Desde a lagoa Estixia, deséxoche 108 (polo menos) momentos de reparador equilibrio, e que disfrutes cada abalorio que teclees para encher este pequeno Japa Mala da rede.

    ResponderEliminar